No marco do programa “Aula de Emprendemento 2023”, financiado pola UE e o Ministerio de Educación, o mércores 29 de novembro realizamos unha visita á empresa Rede Aberta, dedicada á instalación de rede de fibra óptica para impulsar a dixitalización do mundo rural galego.
Participou na visita o alumnado do módulo de Empresa e iniciativa emprendedora do ciclo superior de ASIR.