O xoves 21 de decembro de 2023 desenvolveuse no IES San Clemente a actividade “Taller para a mocidade: creación de proxectos en grupo“.
Aproveitando a actuación do Concello de Santiago sobre Orzamentos Participativos para a xuventude (16-30 anos), desenvolvemos unha actividade (ao igual que moitos institutos e facultades de Santiago) para o alumnado presencial do IES San Clemente, neste caso, tratamos os seguintes aspectos transversais aos currículos dos ciclos formativos da familia profesional de informática:
- Traballo en grupo.
- Creación dun proxecto.
Inicialmente explicouse o funcionamento deste proxecto, para logo pasar a unha fase de traballo en grupo no que propuseron diferentes liñas de actuación: torneos de videoxogos, carreira polo rural, etc.
Estas propostas poderanse achegar ao Concello de Santiago, votadas pola mocidade, e executadas aquelas que sexan votadas por maioría.