Con motivo da conmemoración o domingo 11 de febreiro do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia convidamos a toda a comunidade educativa do IES San Clemente (alumnado, profesorado e Pas) a crear a nosa particular táboa periódica de mulleres científicas de Galicia e máis alá, de toda a Lusofonía.
Durante a semana do 5 ao 11 de febreiro estará exposta na entrada do instituto esta táboa de mulleres científicas universais e, ao lado, haberá unha urna para despositares o túa participación en forma de voto.
Que hai que facer?
É moi sinxelo. Dar unha vista de ollos nesa táboa de mulleres científicas e responder a dúas preguntas:
1ª: Adiviñar o nome de, ao menos, unha muller científica galega presente nesa táboa.
2ª: Achegar algún outro nome de muller científica galega ou lusófona que non apareza nesa táboa e sexa merecedora de estar. Se a súa disciplina de traballo, tiver que ver coas TICs, moito mellor.
Pensa moi ben a túa resposta porque só se poderá emitir un voto por persoa.
Todas as persoas participantes (sempre que respondan con tino estas dúas cuestións) participarán no sorteo de catro vales de 25€ para cambiar por material informático, de papelería ou libros.
Para que afondes máis nesta interesante temática da muller na ciencia deixámosche algúns enlaces que che poden ofrecer moi boas pistas para participares neste concurso:
- Mujeres con ciencia
- Unidade da muller e ciencia
- 10-mulheres-que-marcaram-a-
ciencia-em-portugués-para- sempre
- Gciencia
- Informática-mujeres-carrera-
conquistar-alumnas
Agora xa non tes escusa! Axúdanos a dar visibilidade, a nomear e facer, así, que existan MÁIS MULLERES NA CIENCIA!