Para conmemorar o Día Internacional da Muller, o Departamento de Portugués e o Obradoiro da Igualdade retaron a toda a comunidade educativa do San Clemente a xogar e, de paso, aprender sobre mulleres na informática e nos videoxogos.
Coñeces que videoxogo protagoniza Clementine?
Sabes quen é a galega referente en ciberseguridade, CEO e cofundadora de Forensic&Security?
En que xogo destacou a videogamer Sasha Hostyn (Scarlett)?
Tratábase de responder a preguntas como estas para poder avanzar nunha versión adaptada do clásico xogo de mesa Serpentes e Escadas e, grazas a isto, soubemos do traballo sobranceiro de moitísimas mulleres universais como Pilar Vila, Elvira Fortunato, Jesskiu, Yolanda Corral, Grace Hopper, Luz Castro, Carol Shaw, Cristinini… Mulleres que tamén inspiran ao noso alumnado de Ciclos de Informática.
Porque… o que non se nomea non existe!