Unha vez finalizado o prazo de presentación de traballos para o 9º Certame de relato breve, dende o Equipo de Normalización da Lingua Galega do IES San Clemente comprácenos anunciar o veredicto do xurado do mesmo, que é o seguinte:
1º premio (100 €): “O sorriso” de Aitana Novo Sanmiguel (alumna de 1º DAW Dual). |
2º premio (75 €): “Extracto do caso 843” de Clara de Asís García Dorado (alumna de 2º de Bacharelato). |
3º premio (50 €): “A radio” de Odilo González Carnero (Profesor de informática). |
Así mesmo, gustaríanos facer unha mención especial a dous membros da comunidade educativa do centro, Carme Otero Cruz e Antón Labraña Barrero, que, sempre fóra de concurso por decisión propia, non dubidan en facer a súa aportación nesta celebración das letras.
Parabéns a todas as persoas premiadas e moitas grazas en xeral a todos os participantes e profesorado implicado.
E, xa pora finalizar, lembrade que todos os traballos recibidos serán publicados en xuño na revista Rumbo.