O pasado 5 de abril celebramos no IES San Clemente e no CIFP Politécnico de Santiago a I Xornada de Ciberseguridade de Formación Profesional de Galicia.
Agradecemos a colaboración dos poñentes nas sesións da mañá, Belén Pérez Rodríguez (Ciberseguridade e análise forense en entorno OT), David González González (Defendendo o IoT, dende o IoT), Antonio Fernándes (Bug Bounty: programas de recompensa para a detección de vulnerabilidades) e Efrén Varón Gil (Enxeñaría Social: O arte de Hackear humanos).
E grazas tamén aos poñentes dos talleres prácticos da tarde. Os celebrados no IES San Clemente foron impartidos por Manuel González Regal do IES San Clemente (Escalada de privilexios e persistencia en sistemas Linux), Andrés del Río Rodríguez do CIFP Rodolfo Ucha (Emulando a ciberadversarios con ferramentas automatizadas), e Rafael López García, tamén do CIFP Rodolfo Ucha (Adquisición de evidencias para Análise Forense Informática).
Mil grazas!!!