• ?
  • Rexistro

Instruccións matrícula ABAU (convocatoria ordinaria xuño 2024)

Matrícula Anticipada (alumnado que rematou os seus estudos en anos anteriores)
Prazo de matrícula: do 2 ao 20 de maio de 2024
O alumnado fará a matrícula directamente no NERTA: https://www.edu.xunta.es/nerta
Matrícula Ordinaria (alumnado que remata os estudos en maio de 2024)
Prazo de matrícula: 20 de maio de 2024 (de 09:00 a 14:00).
O alumnado fará a matrícula no IES San Clemente en Santiago, aínda que os exames os fixera en outra localidade.
Documentación a presentar: 2 fotocopias do DNI, taxa pagada do título de bacharelato LOMLOE (54,00€), taxa pagada da ABAU (63,67€) e impreso de matrícula ABAU.
Os exames serán os días 4, 5 e 6 de xuño