Durante o mes de abril a profesora do IES San Clemente Sabela Sobrino viviu unha experiencia de Job Shadowing na cidade de Atenas. A súa visita centrouse instituto 1º Laboratory Center of 2º Directorate of Secondary Education que alberga varias disciplinas educacionais; Educación Secundaria, Bacharelato e distintas ramas de formación profesional.
Os colegas gregos ensináronlle o centro educativo e as aulas, especialmente as de informática. Aproveitou para falar de diversos temas coma un proxecto de programación de diferentes robots así como de temas tan en voga como o uso dos teléfonos móbiles dentro das aulas ou a motivación do alumnado.
Laboratorio de artes
Vista parcial do centro
Pódense ler directamente os artigos publicados por Sabela nesta ligazón e nesta outra.