• ?
  • Rexistro

Job Shadowing de Mariano en Montauban

O profesor do IES San Clemente Mariano Sánchez viaxou até o sur de Francia para vivir unha experiencia Job Shadowing na cidade de Montauban, no mes de maio. A súa visita centrouse no Lycée Antoine Bourdelle que é un centro que imparte distintos estudos de bacharelato, tanto o xeral como os da vía tecnolóxica e profesional.

Con colegas franceses puido realizar observación do desenvolvimento de clases, visita a talleres e reunións do ámbito do Erasmus+ que llle deron unha perspectiva interesante. Tamén se aproveitou a viaxe para visitar a alumnos do IES San Clemente do ciclo de DAW que estaban a facer práticas na rexión.

Lycée Antoine Bourdelle de Montauban

Pódese ler directamente o artigo publicado por Mariano nesta ligazón.