• ?
  • Rexistro

Certificacións Camões Júnior 2024

 

No ano 2023/2024 organizamos por terceira vez o exame de certificación “Camões Júnior”, do Instituto Camões.

Trátase dunha certificación oficial externa de portugués para alumnado menor de idade e ANEE.

Nesta ocasión participaron nove estudantes de SMR e ASIR, dos cales certificaron: un o nivel A1, tres o A2 e cinco o B1.

No día 20 de maio de 2024 celebramos o acto de entrega de diplomas. Parte do alumnado recibiu persoalmente os certificados das mans da xefa de estudos de FP do IES San Clemente, Cristina Seoane.

* * *

Esta é unha das moitas oportunidades que ofrece o IES San Clemente relacionadas co programa PluriFP, que complementa a certificación no CAPLE da Universidade de Lisboa, onde habitualmente certifican os nivel B1 e B2 os estudantes de SMR e ASIR, pero tamén doutros ciclos. Outras actividades relacionadas son as clases extra curriculares de Portugués Lingua Estranxeira, mobilidades Erasmus+ a empresas de Portugal e os proxectos eTwinning con centros de FP portugueses e brasileiros.