Se queres saber máis sobre as experiencias do noso alumnado e do profesorado no estranxeiro podes acceder a EixoTIC.
Entre o outono de 2023 e a primavera de 2024 realizaron prácticas no estranxeiro un total de 8 alumnos (7 FCTs + 1 extra curricular) a través do programa Erasmus+.
Neste período foron catro paises diferentes os escollidos polo alumnado:
- SMR: Alejandra Cordeiro na iLoja do Porto.
- DAM: Ángel Gómez, Pablo Romero, Miguel Seoane, Vladislav Zernov en Data4You (Praga), CAVI evolution (Italia) e The Digital Company (Italia).
- DAW: Martin Arufe, Adrián Roca, Gabriel Montoiro Varela na RGC Manager (Hannover) e CDG 82 en Montauban (Francia).
Tamén houbo 6 profesores que disfrutaron da experiencia Erasmus+ en outras tantas localidades.
- Carlos Doval en Matosinhos, visitando o centro de Educación Secundaria Augusto Gomes.
- Loaira M. Rey en Lisboa, desplazandose até o Instituto de Educação Técnica (INETE).
- Ana Alberte en Lisboa, na Escola Secundária Ramada.
- Marisol Castellanos en Boloña, vistando o Istituto Istruzione Superiore I.P.C. Manfredi I.T.C. Tanari.
- Mariano Sánchez en Montauban (Francia), no centro educativo Lycée Antoine Bourdelle.
- Sabela Sobrino en Atenas, no 1º Laboratory Center of 2º Directorate of Secondary Education.
Os 14 participantes gozan dunha bolsa Erasmus+ e o alumnado cursa ciclos PluriFP en portugués ou inglés.
O/As titores/as mantemos contacto por correo electrónico co alumnado e realizamos entrevistas mediante videoconferencia ou teléfono, para coñecer con detalle as tarefas que están a desenvolver nas empresas e a súa vida fóra delas.
|
|