A profesora do IES San Clemente Ana Alberte viaxou até Lisboa, Portugal, para vivir a súa propia experiencia Job Shadowing durante o mes de abril. En esta visita foi acollia polo personal da Escola Secundaria da Ramada, centro que ofrece todos os cursos científico-humanísticos: Ciencias e Tecnoloxías, Ciencias Sócioeconómicas, Línguas e Humanidades e Artes Visuais.
Durante a súa visita, e da man de María Dovigo (diretora de proxectos), participou en actividades como un obradoiro para aprender a facer “cravos” de papel, colaborou na rehabilitación do muiño da escola ou asistiu, á profesora Maria Manuela que reflexionou co alumnado de 11º curso (1º de Bac para nós) sobre a inxustiza dos matrimonios concertados do século XIX.
Pódese ler directamente o artigo publicado por Ana Alberte nesta ligazón