Os exames correspondentes á proba extraordinaria do 2º Cuadrimestre da ESA terán lugar o día 21 de xuño de forma presencial no IES San Clemente de Santiago de Compostela e nos obradoiros de Arzúa (Recinto Feiral Terra do Queixo), Boiro (Casa da cultura, A Cachada), Santa Comba (Multiúsos Terra de Xallas), tamén en Verín (IES García Barbón) e en Vigo (EPA Berbés).
Horario dos exames:
- 9,30 a 10,30 – Ámbito Social
- 10,45 a 12,15 – Ámbito Científico-tecnolóxico
- 12,30 a 13,45 – Ámbito de Comunicación
As cualificacións publicaranse o martes 25. A revisión será, preferentemente telefónica ou telemática, os días 25 e 26 no horario de atención do profesorado.