Matrícula Anticipada (alumnado que rematou os seus estudos en anos anteriores).
Prazo de matrícula: do 10 ao 17 de xuño de 2024.
O alumnado fará a matrícula directamente no NERTA: https://www.edu.xunta.es/nerta
Matrícula Extraordinaria (alumnado que remata os estudos en xuño de 2024).
Prazo de matrícula: 17 de xuño de 2024 (de 09:00 a 14:00).
O alumnado fará a matrícula no IES San Clemente en Santiago de Compostela, aínda que os exames os faga noutra localidade.
Documentación a presentar: 2 fotocopias do DNI, taxa pagada do título de bacharelato LOMCE (54,00€), taxa pagada da ABAU (63,67€) e impreso de matrícula ABAU
Os exames serán os días 2, 3 e 4 de xullo.