A oferta de FP do IES San Clemente para o curso 2024-2025 será a seguinte:
Grao medio
Oferta en réxime ordinario |
|
Ciclo Medio Plurilingüe de Sistemas Microinformáticos e Redes (30 prazas, horario de mañá) + info |
Oferta modular en réxime para persoas adultas, modalidade semipresencial a distancia |
|
Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (50 prazas por módulo) + info |
Grao superior
Oferta en réxime ordinario |
|
Ciclo Superior Plurilingüe de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (30 prazas, horario de mañá) + info | |
Ciclo Superior Plurilingüe de Desenvolvemento de Aplicacións Web (30 prazas, horario de mañá) + info | |
Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (60 prazas, 30 plurilingüe en horario de mañá e 30 en horario de tarde; ver nota ao pé) + info |
Oferta modular en réxime para persoas adultas, modalidade semipresencial a distancia |
|
Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (100 prazas por módulo) + info | |
Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web (100 prazas por módulo) + info | |
Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (100 prazas por módulo) + info |
Cursos de especialización
Oferta en modalidade presencial |
|
Máster en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información (20 prazas, horario de tarde) + info |
Oferta en modalidade semipresencial a distancia |
|
Máster en Ciberseguridade en Contornos das Tecnoloxías da Información (30 prazas) + info | |
Máster en Intelixencia Artificial e Big Data (30 prazas) + info | |
NOVO! |
Máster en Desenvolvemento de Videoxogos e Realidade Virtual (30 prazas) + info |
As instrucións e calendarios do proceso de admisión pódense consultar nesta páxina.
NOTA: para asignar quenda de mañá ou de tarde ao alumnado matriculado no Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede, réxime ordinario, procederase do seguinte xeito:
- Primeiro poderá escoller quenda, en función das súas necesidades, o alumnado con discapacidade legalmente recoñecida maior ou igual ao 33%.
- En segundo lugar poderá escoller quenda o alumnado que cumpra os requisitos de deportista galego de alto nivel ou de alto rendemento, segundo o establecido no Decreto 165/2020, do 17 de setembro, ou os/as deportistas nacionais de alto nivel, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 971/2007, do 13 de xullo.
- En terceiro lugar asignarase quenda ao resto do alumnado, cubrindo en primeiro lugar o grupo de mañá, e aplicando como criterio de ordenación os últimos cinco díxitos numéricos do documento oficial de identificación persoal (DOI).