Informe dos dous ciclos PluriFP en portugués do IES San Clemente
Durante o presente ano escolar, finalizamos o segundo ano do ciclo PluriFP ASIR e iniciamos o terceiro, cos módulos FH e ASXDB impartidos integramente en portugués.
Tamén concluímos o quinto ano do ciclo PluriFP SMR e iniciamos o sexto, cos módulos AO e SR impartidos na mesma lingua estranxeira.
Nos catro grupos, traballamos en asociación con centros homólogos de Braga e Sintra, realizáronse mobilidades Erasmus+ e exames oficiais de certificación de Lingua Estranxeira. Continuou a utilizarse o portugués como lingua vehicular, nas explicacións do profesorado, nas interfaces das aplicacións, nos manuais redactados polo alumnado, etc.
Grande parte do alumnado continuará a súa formación no próximo ano. Estes son os resultados parciais a día de hoxe:
- 81 exames modelo (para adestramento) do CAPLE-FLUL en decembro e marzo.
- 36 estudantes realizaron o exame de certificación de nivel B1 ou B2 no CAPLE coa axuda económica da Consellaría de Educación. Resultados: 5 B2, 28 B1 e 1 pendente de nota.
- 9 estudantes certificaron a través do Instituto Camões.
- 12 mobilidades Erasmus+ para estudos e prácticas en Évora e no Porto.
- Proxecto eTwinning Um Tripé para o meu eBook 3 co AE Carlos Amarante de Braga e co AE Monte da Lua de Sintra, ambos de FP.
- Reunión coas familias de 1SMR.
- Módulos Português Língua Estrangeira Profissional II, clases de reforzo para alumnado de 1º e de preparación para o nivel B2.
- Actividades.
Tamén recibiron unha axuda económica para a inscrición nos exames oficiais. Pódese consultar aquí toda a información relativa a estas axudas.
Informe dos dous ciclos PluriFP en inglés do IES San Clemente
Durante o presente ano escolar titulou a segunda promoción do ciclo PluriFP de Desenvolvemento de Aplicacións Web e a cuarta promoción do ciclo pluriFP de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.
Este alumnado preparouse para poder comunicarse e desenvolver o seu futuro traballo na empresa non solo en galego e castelán senón tamén en inglés, o cal lle abrirá moitas portas no mercado laboral.
Recibiron clases especializadas nas que se familiarizaron no uso da lingua inglesa.
Puideron asistir a dúas sesións semanais de clases de inglés impartidas por profesorado con ampla experiencia no ensino desta lingua e na preparación das probas oficiais de certificación.
Grazas ao seu dominio do inglés puideron realizar con éxito prácticas noutros países a través do programa Erasmus+. Os países nos que realizaron as prácticas foron: República Checa, Francia, Alemaña e Italia.
Ademais recibiron unha axuda económica da Consellería para conseguir unha certificación oficial en lingua inglesa. O luns día 26 de febreiro de 2024 tivo lugar no IES San Clemente o exame oficial de certificación en lingua inglesa TOEIC.
Os resultados foron os seguintes:
- 4 certificacións en nivel C1
- 20 certificacións en nivel B2
- 15 certificacións en nivel B1
- 5 certificacións en nivel A2
Pódese consultar aquí toda a información relativa a estas axudas económicas.