INSTRUCIÓNS MATRÍCULA ESA – CURSO 2024/2025
Procedemento: a matrícula no ESA a distancia realizarase vía web, na páxina https://matricula.iessanclemente.net, achegando a continuación o impreso de matrícula e a documentación necesaria por correo postal á atención do persoal da oficina co asunto Matrícula ESA para a súa formalización (IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, CP 15705, Santiago de Compostela). A matrícula non se considerará formalizada ata a recepción do impreso e a documentación.
O alumnado que solicite matricularse na educación secundaria de persoas adultas deberá presentar o historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade só no caso de aspirantes que cursasen estudos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
O alumnado matriculado nestas ensinanzas recibirá na súa conta de correo, o usuario e contrasinal para acceder á Aula Virtual do IES San Clemente.
Prazo
- Para o primeiro cuadrimestre, desde o 2 de setembro de 2024 ata o 17 de xaneiro de 2025.
- Para o segundo cuadrimestre, desde o 3 de febreiro ata o 25 de abril de 2025.
Para solucionar calquera dúbida sobre a matrícula pódese contactar co persoal do IES San Clemente no correo ies.sanclemente@edu.xunta gal ou no tlf. 881 86 75 01.
Nota importante: o calendario de exames e titorías estará á disposición dos alumnos e alumnas a partir do 11 de setembro nas aulas virtuais; tamén será publicado na páxina web https://www.iessanclemente.net/.
Requisitos para o acceso
- Idade: poderá matricularse calquera persoa maior de dezaoito anos ou que os cumpra no ano 2024. No caso das persoas que se matriculen no segundo cuadrimestre, deberán cumprir os dezaoito anos en 2025. Poderán matricularse tamén aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou que os cumpran no ano 2024, que acrediten documentalmente causas excepcionais (traballo, saúde, deportistas de alto nivel, ter cursado ensinanzas de persoas adultas con anterioridade) que lles impidan asistir a un centro presencial.
Circunstancias especiais de matriculación
- O alumnado que superou algún ámbito na proba libre para a obtención do título de graduado en educación secundaria daráselle por superado o cuarto módulo correspondente, segundo o cadro de equivalencias.
- Proba de avaliación inicial: para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez, efectuaráselle na primeira semana do curso unha proba de avaliación inicial co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento. O alumnado interesado en facelas terá que avisar con antelación na Xefatura de Estudos que lle informará da data fixada para as mesmas.