Matrícula no Bacharelato a distancia para persoas adultas, curso 2024/2025

INSTRUCIÓNS MATRÍCULA BACHARELATO – CURSO 2024/2025

Procedemento: a matrícula no Bacharelato a distancia realizarase vía web, na páxina https://matricula.iessanclemente.net, achegando a continuación o impreso de matrícula e a documentación necesaria por correo postal á atención do persoal da oficina co asunto Matrícula Bacharelato para a súa formalización (IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, CP 15705, Santiago de Compostela). A matrícula non se considerará formalizada ata a recepción do impreso e a documentación.

O alumnado matriculado nestas ensinanzas recibirá na súa conta de correo, o usuario e contrasinal para acceder á Aula Virtual do IES San Clemente.

Prazo: do 2 de setembro ao 20 de setembro de 2024, ambos incluídos, e ata o 25 de abril de 2025, sempre que o alumno ou alumna xustifique circunstancias excepcionais.
O alumnado que remate estudos de educación secundaria para persoas adultas no mes de febreiro poderá realizar a matrícula do 17 ao 28 dese mesmo mes.

Para solucionar calquera dúbida sobre a matrícula pódese contactar co persoal do IES San Clemente no correo ies.sanclemente@edu.xunta gal ou no tlf. 881 86 75 01.

Nota importante: o calendario de exames e titorías estará á disposición dos alumnos e alumnas a partir do 11 de setembro nas aulas virtuais; tamén será publicado na páxina web https://www.iessanclemente.net/.

Requisitos para o acceso

  • Idade: poderá matricularse calquera persoa maior de dezaoito anos ou que os faga no ano 2024 e aquelas persoas maiores de dezaseis anos que acrediten documentalmente causas excepcionais (traballo, saúde, deportistas de alto nivel, estudantes de música e danza) que lles impidan asistir a un centro presencial.
  • Académicos para 1º de Bacharelato:
    • Título de Graduado en Secundaria Obrigatoria.
    • Título de Técnico correspondente á Formación Profesional específica de grao medio, Técnico Auxiliar de Formación Profesional de Primeiro Grao ou Técnico deportivo, tras cursar as ensinanzas deportivas de grao medio.
    • Ter aprobado 2º de BUP ou como máximo dúas materias pendentes no conxunto dos dous cursos.
    • Ter superados os estudos do Primeiro ciclo do Programa Experimental de Reforma das Ensinanzas Medias (REM).
    • Ter superados os cursos comúns de estudos de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos.
  • Académicos para acceso directo a 2º de Bacharelato:
    • Ter superado 3º de BUP e título de bacharel. O alumnado nestas condicións pode matricularse en calquera modalidade de Bacharelato.
    • Ter superado 2º curso de Formación Profesional de 2º grao (réxime xeral), ou 3º curso de Formación Profesional de 2º grao (réxime de ensinanzas especializadas).
    • Ter superado 1º curso dunha modalidade de Bacharelato experimental.
    • Ter superado a segunda especialidade ou título de Graduado en Artes aplicadas e Oficios Artísticos.

Circunstancias especiais de matriculación

  • O alumnado que se incorpore ao bacharelato para persoas adultas con materias superadas do bacharelato ordinario conservará a cualificación positiva destas.
  • O alumnado que acceda ao bacharelato desde os ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional específica ou de Artes aplicadas e Deseño poderá validar as materias de Bacharelato, de acordo co establecido na lexislación vixente.
  • Se un alumno ou alumna se matricula de dúas materias de contidos progresivos, non poderá ser avaliado da de 2º sen ter superada, previamente, a de 1º.

Novidades na matrícula do curso 24/25

  • Durante o curso escolar 2024/25, as materias de bacharelato impartiranse de acordo co currículo establecido no Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • O alumnado que cursou e superou materias de bacharelato de acordo co establecido no Decreto 231/2002, do 6 de xuño; no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, ou no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, adaptará a súa matrícula á estrutura e currículo definidos polo Decreto 157/2022.
  • Se se mantén na mesma modalidade, o alumnado que cursou e superou o primeiro curso de bacharelato completo de acordo co establecido no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, ou co Decreto 86/2015, do 25 de xuño, incorporarase ao segundo curso de acordo coa estrutura e co currículo establecidos no Decreto 157/2022.