Alumnado da Fondazione ITS INCOM en prácticas na nosa cidade

O pasado mes de xuño e xullo realizaron o seu período de prácticas no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) os alumnos Simone Volpati e Laura dal Bianco, da Fondazione ITS IMCOM.

Comezamos así unha nova colaboración coa Fondazione ITS INCOM, unha institución italiana de ensino superior con sede en Busto Arsizio, permitindo intercambiar ideas entre as escolas e  mellorar a calidade do ensino de ambos centros.