1.- Ábrese o prazo para a solicitude de prazas subvencionadas polo programa Erasmus+ dirixidas ao alumnado de Ciclos Formativos para realizar a FCT no estranxeiro no seguinte período:
- Xaneiro a marzo do 2025.
- Abril a xuño do 2025.
2.- Tamén está aberto o prazo para a realización de prácticas extracurriculares e de recén titulado. Duración de dous a tres meses.
O alumnado e ex alumnado que estea interesado, debe enviar a súa solicitude cubrindo este formulario.
O prazo de solicitude finaliza o día 1 de novembro. É importante realizar a solicitude en prazo e así garántese a prioridade establecida nos criterios de selección.
3.- Próximas convocatorias:
Abrirase en abril un novo prazo de inscrición para realizar:
- FCT de outubro a decembro de 2025.
- Extracurriculares e recén titulados.
Ademais de Erasmus+ hai outras fontes de financiamento. Máis información:
Criterios de selección
FAQ
Experiencias do alumnado Erasmus+: Vídeos, Blogue.
Poden consultar calquera dúbida por email: erasmus@iessanclemente.net