Bases do Concurso de Deseño de Logotipo: “ESCOLLEMOS GALEGO”
1 Obxecto do concurso:
O IES San Clemente convoca un concurso para o deseño do logotipo oficial do proxecto “Escollemos Galego”, cuxa finalidade é promover o uso da lingua galega en espazos cotiáns. O logotipo gañador será empregado en materiais promocionais, campañas e eventos relacionados co proxecto.
2 Participantes:
Este concurso está dirixido exclusivamente ao alumnado do IES San Clemente, en calquera das súas modalidades, tanto de forma individual como en grupo (máximo de 3 persoas por equipo).
3 Requisitos do deseño:
O logotipo deberá ser orixinal e inédito. Non poderá conter elementos xa rexistrados ou publicados.
Deberá representar visualmente os valores do proxecto “Escollemos Galego”: promoción da lingua galega, identidade cultural, modernidade e inclusión.
A proposta debe ser clara e adaptábel a diferentes tamaños e soportes (papelaría, web, material audiovisual, etc.).
O deseño poderá incluír cores, mais tamén debe ser funcional en versión monocroma (branco e negro).
O formato de presentación será en ficheiro dixital (JPEG, PNG ou PDF), cunha resolución mínima de 300 ppp.
4 Prazo de presentación
Os traballos deberán enviarse antes do 25 de outubro ao seguinte correo electrónico: edlg@iessanclemente.net, indicando no asunto “Concurso Logotipo ESCOLLEMOS GALEGO”.
5 Documentación a presentar:
Ficheiro co logotipo en formato dixital.
Un documento explicativo (máximo 200 palabras) onde se xustifique o deseño e a relación coa temática do concurso.
Nome completo e curso da/s persoa/s participante/s.
6 Criterios de valoración:
O xurado valorará as propostas en base aos seguintes criterios:
Creatividade e orixinalidade.
Adecuación aos valores e obxectivos do proxecto.
Claridade e simplicidade do deseño.
Versatilidade para ser empregado en diferentes soportes.
7 Xurado:
O xurado estará composto por membros da comunidade educativa do IES San Clemente. A súa decisión será inapelábel.
8 Premios:
1º Premio: Vale de 100 € e a publicación do logotipo como imaxe oficial do proxecto “Escollemos Galego”.
9 Dime do xurado:
Os resultados do concurso serán publicados na páxina web do IES San Clemente e comunicados ao alumnado gañador por correo electrónico.
10 Condicións xerais:
O logotipo gañador será propiedade do IES San Clemente, que terá plenos dereitos para o seu uso, reprodución e difusión.
A participación no concurso implica a aceptación total destas bases.