O IES San Clemente oferta bolsas Erasmus+ para realizar un Job Shadowing nun centro educativo ou nunha empresa, fóra do estado español, nun país da Unión Europea.
Duración: ata 7 días, viaxe incluída.
Finalidade: desenvolvemento profesional do persoal docente así como o desenvolvemento das institucións implicadas. Debe enmarcarse nun enfoque estratéxico das organizacións participantes.
Destinatarios: profesorado do IES San Clemente.
Aplicaranse os seguintes criterios de valoración e selección:
- Xestión dos proxectos europeos do centro nos últimos 5 anos (KA121, KA131, eTwinning): 3 puntos/ano.
- Acreditación do nivel de idioma do país do destino e de inglés: nivel B1: 1 punto, B2: 2 puntos, nivel C1: 3 puntos e C2: 4 puntos.
- Non ter recibido bolsa para estas mobilidades nos últimos 12 meses previos á convocatoria: 2 puntos
As solicitudes fóra de prazo non serán tidas en conta.
O profesorado que estea interesado, debe solicitar formar parte do proceso de selección antes do 25 de novembro, escribindo a erasmus@iessanclemente.net achegando as acreditacións de idioma(s).