Procedemento de elección de representantes no Consello Escolar do centro

Constituída a Xunta Electoral que debe velar polo proceso de eleccións ao Consello Escolar, aprobouse o calendario electoral seguinte:

  • Do 28 de outubro ao 6 de novembro: RECLAMACIÓNS AOS CENSOS ELECTORAIS dispoñibles na conserxería do centro.
  • Do 30 de outubro ao 8 de novembro: PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS entregando instancia dispoñible na oficina do centro.
  • 11 de novembro: PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS E SORTEO DE MESAS ELECTORAIS.
  • Do 12 ao 18 de novembro: CAMPAÑA ELECTORAL.
  • 19 de novembro: ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DO ALUMNADO, PAIS E NAIS, E PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS.
  • 20 de novembro (pdte. confirmación): CLAUSTRO EXTRAORDINARIO PARA A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DO PROFESORADO.

Os postos que corresponde renovar no presente ano son os seguintes:

  • Profesorado: 4
  • Alumnado: 4
  • Pais, nais e titores legais: 3
  • Persoal de administración e servizos: 1