Convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos

O portal educativo da Xunta de Galicia, ven de publicar a Resolución do 27 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Os prazos de presentación de solicitudes de inscrición nas probas serán:

  • Para a primeira convocatoria: do 10 ao 21 de febreiro de 2025, ambos os dous incluídos (a proba terá lugar o día 11 de abril de 2025).
  • Para a segunda convocatoria: do 31 de marzo ao 10 de abril de 2025, ambos os dous incluídos (a proba terá lugar o día 6 de xuño de 2025).

Desenvolvemento da proba

Horario
De 09:00 a 09:30 h. Chamamento
De 09:30 a 12:00 h. Ámbito Científico-Tecnolóxico
De 12:15 a 13:15 h. Ámbito Social
De 16:00 a 19:00 h. Ámbito de Comunicación