Con motivo da conmemoración do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a Biblioteca do IES San Clemente seleccionou libros do seu catálogo que poñen en valor o traballo de mulleres científicas.
Ao longo de toda a semana podes desfrutar desta selección no hall de entrada ao centro. Non dubides en botarlles un ollo, consultalos e, se quixeras levar algún exemplar prestado, só tes que preguntar en conserxaría.
Ademais haberá uns formularios nos que calquera membro da comunidade educativa poderá recomendar algún outro libro relacionado con muller e ciencia que teña interese para a biblioteca, e así, participará nun sorteo de 3 bonos regalo de 30 euros en libros ou material informático. Se estudas no IES San Clemente a distancia tamén poderás participar enviando un correo electrónico a igualdade@iessanclemente.net co teu nome e apelidos, curso e a túa suxestión literaria. Todas as recomendacións entrarán no sorteo!
- Ciberfeminismo
- Mulleres que (nos) dan que pensar (África López Souto)
- Pioneiras: Galegas que abriron camiño IG064
- Pioneiras 2 Galegas que abrion camiño IG065
- Pioneiras da ciencia en Galicia (Manuel Rey Pan e Eduardo Rolland) IG 044
- E ti, que científicas coñeces? IG062
- As mulheres que amavam os videojogos (Antía Seoane e Maite Sanmartín) PT128
- Hipatia; La verdad en las matemáticas (Jordi Bayarri e Dani Seijas) IG054
- Histórias de adormecer para raparigas rebeldes: 100 jovens inspiradoras que mudaram o mundo PT074
- Mulheres sem medo (Marta Breen e Jenny Jordahl) PT073
- Destemidas: Mulheres que só fazem o que querem (Pénélope Bagieu) PT075
- Culottées: Des femmes qui ne font que ce qu’elles veulent (Pénélope Bagieu) FR009