A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pon en marcha un procedemento para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2024-2025.
O alumnado que obteña no curso 2024-2025 o título de bacharelato no réxime para persoas adultas, poderá acreditar o nivel intermedio superando unha proba específica para acreditar a área de dominio 4 (seguridade e privacidade).
Estrutura da proba
A proba específica para acreditar a área de dominio 4, Seguridade e privacidade, axustarase á definición desta área no nivel Intermedio no Marco galego de competencias dixitais (https://competenciasdixitais.xunta.gal/gl/marco-galego/estrutura).
A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía. A proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio considerarase superada ao responder correctamente, como mínimo, ao 60% das preguntas (8 preguntas).
Inscrición nas probas específicas
O alumnado de 2º de bacharelato que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo IV. A solicitude do alumnado menor de idade deberá contar coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais.
Características das probas específicas
As probas terán lugar, mediante medios informáticos, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. A data e hora están por determinar; esta información será dada a coñecer a través dunha nova publicada nesta páxina web (https://www.iessanclemente.net).
Certificación
- No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio. A dita certificación será emitida de oficio conforme aos procedementos establecidos no Marco galego de competencias dixitais e no Rexistro de certificacións en competencias dixitais, de acordo co que se recolla no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.
- O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencia dixital de nivel intermedio superadas.
- O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno.
Para realizar a solicitude de realización desta proba específica, deberá:
- Acceder ao seguinte apartado do curso de titoría:
- A data límite para acceder será o mércores 19 de febreiro ás 23:59.
Máis información:
- https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45764
- https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_acredita_comdix_2bac_as.pdf
- https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/es
- https://competenciasdixitais.xunta.gal/gl