Un “caldo de gloria” por Rosalía de Castro

A comunidade educativa do IES San Clemente festexou  o Día de Rosalía cunha exposición de obras sobre a escritora con materiais de recente adquisición da biblioteca, a difusión do poema “Miña casiña, meu lar” e cunha celebrada degustación do “caldo de gloria” na pasada sexta feira. A actividade, organizada polo Departamento de Galego, contou coa colaboración da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Animamos a ler a obra da escritora que, con profundo talento, quebrou tantos esquemas na súa época e abriu unha nova etapa para a literatura galega e para Galiza.