O día 15 de xaneiro alumnado de PluriFP en lingua inglesa recibiu na aula á profesora Helena Ribeiro, da Escola Secundária Augusto Gomes, situada en Matosinhos, Portugal.
Helena é profesora de inglés e realizamos a actividade nesta lingua.
O alumnado preparou presentacións nas que lle explicou a esta profesora como somos os galegos e tamén como é a nosa mocidade. Houbo cabida para moitos temas: gastronomía, ocio, deportes, cultura, turismo, redes sociais, etc.
Helena falounos do seu instituto e de Matosinhos.
Foi un encontro moi interesante e no que todos aprendemos moito.
Esperamos continuar compartindo ideas e proxectos coa Escola Secundária Augusto Gomes.