5º Certame radiofónico – “Mulleres na sombra”

En colaboración coa EOI de Vilagarcía de Arousa, propoñemos esta actividade radiofónica.

Trátase de escoller unha científica, actriz, escritora, etc. pouco coñecida e gravar un audio falando dela, de por que debería ser valorizada. A voz da gravación debe ser preferiblemente feminina, e o resultado final usarase para participar na canle “EXÓTICAS” de Radio Maré.

Podedes ouvir os episodios xa publicados para telos como referencia, en Spotify e en iVoox:

 

BASES

1.- O Obradoiro da Igualdade e o CLUBE do IES San Clemente convocan o 5º Certame radiofónico – “Mulleres na sombra”.

2.- Poderán participar todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e PAS) do IES San Clemente, da EOI de Vilagarcía e o alumnado de centros portugueses que participen nun proxecto eTwinning.

3.- Os arquivos que vaian ser enviados para publicación na radio deberán cumprir coas seguintes características:

  • formato mp3 e cun máximo de 300MB.
  • máximo de 4 minutos de duración por audio.
  • NON debe levar música de fondo, xa que será incluída polo equipo de edición antes de ser publicado na canle.
  • falar claro, devagar, sen eco nin ruídos de fondo.
  • deberán ter tamén unha pequena despedida e peche da emisión.
  • Lingua empregada: galego para os centros galegos e portugués para as escolas de Portugal.

4.- Os audios deberán enviarse por correo electrónico a igualdade@iessanclemente.net indicando:

  • Título.
  • Nome completo dos/das participantes.
  • Curso (para participantes que son estudantes).

5.- O prazo máximo de entrega dos traballos é o 30 de abril de 2025 ás 23:59 horas.

6.- Haberá como mínimo tres premios valorados en:

  • 1º Premio: 100€
  • 2º Premio: 75€
  • 3º Premio: 50€

7.- Os traballos recibidos serán publicados en: “EXÓTICAS” de Radio Maré e en LusoMicroFonia do Clube do IES San Clemente.

8.- Desde o Obradoiro da Igualdade poñerémonos en contacto coas persoas gañadoras para establecer a forma de entrega dos premios.

9.- O xurado estará composto por integrantes do Obradoiro da Igualdade do IES San Clemente, do equipo da Biblioteca da EOI de Vilagarcía, podendo contar coa colaboración de outro persoal docente externo aos centros.

10.- O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer unha vez rematado o prazo de entrega.

11.- A participación no certame supón a aceptación destas bases.