Os exames da 1ª Avaliación do 2º Cuadrimestre da ESA (ESA C2) terán lugar o venres 4 de abril de forma presencial no IES San Clemente de Santiago e nas seguintes localidades: A Coruña (EPA Eduardo Pondal), Arzúa (Recinto Feiral Terra do Queixo), Boiro (Centro Social de Abanqueiro, Aldea Abanqueiro, 69), Camariñas (Casa da pedra), Dumbría (Albergue Municipal de Dumbría), Lousame (Casa da Cultura), Negreira (Casa da Cultura), Santa Comba (Multiúsos Terra de Xallas), Verín (IES García Barbón) e Vigo (EPA Berbés).
Horario dos exames:
- 9,30 a 10,30 – Ámbito Social
- 10,45 a 12,00 – Ámbito Científico-tecnolóxico
- 12,15 a 13,45 – Ámbito de Comunicación
O alumnado que teña dous Ámbitos de distintos niveis na mesma sesión avisará ao profesorado do San Clemente ao chegar e poderá dispoñer de máis tempo.
As cualificacións publicaranse o martes 22 despois das 15:00. Poderán consultarse entrando en https://alumnado.iessanclemente.net/
A revisión será preferentemente teléfonica ou telemática os días 22 e 23 de abril non horario de atención do profesorado.