Programa de formación “Xuventude Mentoring”

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Trátase dun programa pioneiro promovido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Podedes consultar toda a información en: https://www.xuventudementoring.gal/programa/