10º Certame de microvídeos – Participa!

10º CERTAME DE MICROVÍDEOS

O IES San Clemente de Santiago de Compostela, a través da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convocan o 10º CERTAME DE MICROVÍDEOS, cuxas BASES son:

Categorías de participación

A Estudantes de secundaria de calquera lugar do mundo.

B Persoas de calquera idade de calquera lugar do mundo.

C Estudantes do IES San Clemente, en calquera das súas modalidades.

Seccións a concurso

Estabelécense dúas seccións:

1. Sección xeral de microvídeos

  • De temática libre, o microvídeo deberá ser orixinal e inédito.
  • Empregarase vídeo real no canto de secuencias de imaxes fixas. As gravacións deben ser propias.
  • Os textos, narracións e outros contidos deben estar por completo en galego.
  • A música, se a houbese, deberá contar con licenza Creative Commons ou permiso expreso das autoras ou autores, mostrando título, autoría e website na pantalla final.
  • A duración máxima será de un minuto e medio. Sen duración mínima.
  • Os vídeos deberán enviarse por correo electrónico a edlg@iessanclemente.net, indicando: título, datos das persoas participantes e categoría en que se inscriben (A, B ou C) e sección (“Xeral”).

2. Sección especial: #escollemosgalego

  • Dirixida a microvídeos pensados para as redes sociais.
  • Deben abordar a situación e posibilidade de escoller o galego en diferentes ámbitos.
  • É obrigatorio empregar o lema #escollemosgalego, subir o microvídeo a algunha rede social (TikTok, Instagram, Bluesky etc) e enviar ligazón ao vídeo ao correo electrónico edlg@iessanclemente.net, indicando o título e os datos das persoas participantes.
  • Valorararase a capacidade para estimular a reflexión sobre a situación do galego, promover accións concretas, fomentar o seu uso e potenciar a creatividade en espazos dixitais especialmente usados pola xente nova.
  • Non se estipula un tempo de duración, mais debe axeitarse ao formato de microvídeo.
  • As ligazóns e os vídeos deberán enviarse por correo electrónico a edlg@iessanclemente.net, indicando: título, datos das persoas participantes e categoría en que se inscriben (A, B ou C) e sección (“Xeral” ou “Escollemos galego”).

Prazos

O prazo de admisión das propostas finalizará o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Premios

Entregaranse dous premios por cada categoría e sección:

  • 1º premio: Vale de 100 €
  • 2º premio: Vale de 75 €

O IES San Clemente difundirá os vídeos galardoados. Ademais, poderán seleccionarse outras participacións para a súa divulgación.

Publicación e xurado

  • O xurado estará composto por persoas vinculadas ao mundo do ensino e do audiovisual, podendo incluír membros externos ao centro. O seu veredicto será inapelábel.
  • A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.