¿Qué é a Aula Mentor?

Aula Mentor é un programa de formación en liña non regrada, flexible e con tutorización personalizada, dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos cun extenso catálogo de cursos cos que ampliar as súas competencias persoais e profesionais. A iniciativa está promovida por o Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración con outras institucións públicas e privadas tanto nacionais como internacionais.

  • Elixe o teu curso: accede ao menú de Cursos da aula Mentor, onde atoparás máis de 170 clasificados por áreas formativas.
  • Contacta coa túa aula: accede á nosa aula de Santiago de compostela na opción Aulas da nosa web e contacta con ela a través do correo electrónico para que poidan resolverche todas as dúbidas que poidas ter.
  • Matricúlate: consulta co administrador o funcionamento do curso. A nivel xeral a información relacionada con este aspecto poderala atopar no menú Matrícula da nosa web.
  • Custo dos cursos: actualmente o prezo do curso é de 24€/mes, tendo que pagar unha matrícula inicial de 48€ que cubrirá o custo de 2 meses. Se necesitas máis tempo do que pagaches na matrícula inicial, poderás proseguir o curso durante máis tempo. Para iso terás que ir facendo recargas mensuais de 24€ cada unha, ata que o titor cualifique todas as túas tarefas obrigatorias como Aptas. A partir dese momento xa non sería necesario facer recargas de matrícula, e soamente quedaríanos o presentarse á proba.
  • Duración dos cursos: os cursos realízanse a distancia, tendo un tempo de duración flexible dependendo do que dedique cada estudante ao mesmo. Adoitan ter unha duración media de 2 a 5 meses.
  • Exame e validez oficial: tras superar o exame presencial, obtense un certificado de aproveitamento emitido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. Máis información.

A metodoloxía e as normas de funcionamento que rexen o proceso están recollidas no documento Dereitos e deberes dos alumnos que se pode descargar desde aquí.

Síguenos en Facebook  e X para más información: