EXAMES Aula Mentor
Cando superaches todas as actividades obrigatorias do curso como “Aptas”, o titor poñerache como “autorizado/á exame“.
Ese exame realizarase de forma presencial na nosa Aula Mentor de Santiago de Compostela (dispoñerás de 2 oportunidades totais como máximo para superalo ).
Desde o momento en que estás autorizado/á exame, poderás elixir de entre as 5 convocatorias seguintes para presentarte ao exame de forma presencial. As convocatorias son en febreiro, abril, xuño, outubro e decembro. Aínda que a túa matrícula caducase, poderás presentarche para superar a proba (non é necesario pagar de novo ou recargar matrícula, xa que os exames están incluídos no prezo. Se a túa matrícula está caducada non terás acceso aos contidos nin tarefas entregadas, pero poderás contactar co titor/a).
No caso de non superar a proba en ningunha das 2 oportunidades dispoñibles, o alumno deberá volver matricularse con obxecto de repasar o temario do curso e con iso terá de novo dereito a 2 novas oportunidades. Se o alumno convocado a exame non pode acudir a realizar a proba, é moi importante informar o administrador e ao titor.
O administrador/a da aula Mentor poñerase en contacto contigo para que poidas elixir, a través dun formulario o día/hora que mellor che vaia para realizar o exame, durante a semana de exames.
Descarga os dereitos e deberes do alumnado da Aula Mentor.
Calendario de exames do 2025
Nº Convocatoria | Mes/Ano | Días | Data tope de entrega de exercicios |
154 | Febreiro 2025 | do 3 ao 7 febreiro | 23 de xaneiro |
155 | Marzo 2025 | do 31 marzo ao 4 abril | 20 de marzo |
156 | Xuño 2025 | do 2 ao 6 xuño | 21 de maio |
157 | Setembro 2025 | do 29 setembro ao 3 outubro | 18 de setembro |
158 | Decembro 2025 | do 15 ao 19 decembro | 4 de decembro |