Itinerarios Formativos

Video explicativo dos itinerarios formativos:

Fonte: Aulamentor.es

¿Que é un itinerario formativo?

É un conxunto de unidades de formación, que che poden permitir (se as completas), conseguir unha Unidade de Competencia.

O recoñecemento da Unidade de Competencia faise por medio dun PEAC (Procedemento de Avaliación e Acreditación de Competencias).

¿Para que serve unha Unidade de Competencia?

Unha Unidade de Competencia é unha parte dunha cualificación profesional, que che acredita #ante todos, que sabes facer perfectamente unha actividade profesional. Ademais esta Unidade de Competencia podes validala por un dos módulos que forman parte dun título de Formación Profesional ou dun Certificado de Profesionalidade.

Visita o catálogo de formación de Aula Mentor, para atopar, todas as Áreas Formativas e dentro de cada unha os Itinerarios Formativos e Cursos que sería necesario facer para obter a acreditación da Unidade de Competencia.

Á beira do Itinerario Formativo hai unha ligazón en PDF con información adicional, onde explica cada un dos cursos que compoñen ese itinerario formativo e as acreditacións de Unidades de competencia e validacións correspondentes.

¿Que módulos pódense validar en ciclos de FP de Informática?

Dentro da área Formativa de Informática e Comunicacións dispoñemos de 3 itinerarios formativos. En cada un deles aparecen indicados os cursos que sería necesario completar, para obter a acreditación na Unidade de Competencia.

Itinerarios Formativos de Informática e Comunicacións:

  • Implementación, verificación e documentación.
    • Poderíase validar o módulo de Implantación de Aplicacións Web do grao superior de ASIR.
  • Desenvolvemento de compoñentes en linguaxe de programación estruturada.
    • Poderíase validar o módulo Profesional de Desenvolvemento de Interfaces do grao superior de Técnico Superior Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.
    • Poderíase validar o módulo Formativo de Programación en Linguaxes Estruturadas ao realizar o certificado de profesionalidade Programación en linguaxes estruturadas de aplicacións de xestión.
  • Seguridade de subsistemas físicos e lóxicos en sistemas informáticos.
    • Poderíase validar o módulo Profesional de Mantemento da seguridade en Sistemas Informáticos do grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes.
    • Poderíase validar o módulo Formativo de Mantemento da seguridade en sistemas informáticos ao realizar o certificado de Profesionalidade Operación de sistemas microinformáticos.

¿É obrigatorio facer todos os cursos do itinerario formativo?

Os cursos que están dentro de cada itinerario formativo non son gratuítos e pódense cursar de forma independente. Polo que se nos interesa un curso en particular  (e dános igual obter a acreditación da Unidade de Competencia), poderémonos matricular coma se tratásese de calquera outro curso.

Soamente teriamos que realizar todos os cursos do Itinerario Formativo, se quixésemos obter a acreditación na correspondente Unidade de Competencia.

¿Como realizar a matrícula dun curso nun itinerario formativo?

O proceso de matriculación é idéntico a calquera outro curso de pago da aula mentor:

  • Teriamos que realizar unha transferencia de 48€ (matrícula que cobre os 2 primeiros meses) ao número de conta indicado no formulario de matrícula (apartado 3. Pago). Se terminamos todas as tarefas #ante dos 2 meses, non teriamos que pagar nada máis. En caso de ser necesaria a ampliación de 1 ou máis meses de formación, teriamos que facer recargas a través do formulario de matrícula, pola cantidade de 24 €  por cada mes adicional.
  • Unha vez feita a transferencia bancaria, cubriremos o formulario de matrícula anexando a copia da devandita transferencia.
  • O administrador/a da aula Mentor, responderalle por correo electrónico no momento que realice a súa matrícula na plataforma, facilitándolle os datos de acceso á mesma.