Aula de Capacitación Dixital
Características
Formación gratuíta, non reglada, de 30 horas de duración.
Haberá distintas datas de comezo durante o ano.
Entregarase certificado de asistencia e aproveitamento.
Organización do curso
Horario: de 10h a 13h durante dúas semanas, de luns a venres.
Datas das próximas convocatorias:
- Do luns 3 de xullo ao venres 14 de xullo de 2023
- Do luns 17 de xullo ao venres 28 de xullo de 2023
- Do luns 31 de xullo ao venres 11 de agosto de 2023
Inscrición
Pode apuntarse chamando aos teléfonos 881 867 501 – 881 867 502, ou enviando un correo ao enderezo ies.sanclemente@edu.xunta.gal con seguinte información:
- Nome completo.
- DNI
- Número de teléfono.
- Datas nas que desexa realizar o curso.
Requisitos
Pode acceder calquera persoa que non estea cursando estudos dentro do sistema educativo.
As accións formativas están dirixidas principalmente aos seguintes colectivos:
- Mulleres.
- Traballadores de baixa cualificación.
- Traballadores maiores de 45 años.
- Traballadores con discapacidade.
- Persoas pertencentes a fogares monoparentais.
- Traballadores desempleados.
Que se aprende a facer?
- Atopar información e contidos en contornas dixitais. Buscar e identificar recursos dixitais para ampliar coñecementos. Utilización do buscador de Google.
- Conectar e colaborar con outras persoas a través de ferramentas dixitais. Utilización do correo electrónico GMail e do calendario de Google. Ferramentas de comunicación: Teams, Skype, Slack, etc.
- Comunicar en comunidades virtuais. Interactuar e participar en comunidades e redes. Utilización de redes sociais para aprender e ensinar: Facebook, Instagram, Youtube.
- Compartir recursos en Internet empregando as ferramentas apropiadas. Utilización de blogues e de wikis para creación de contigo en liña. Netiqueta.
- Crear contidos dixitais propios, coñecendo as licenzas de uso de materiais de terceiros, e aplicando os dereitos de propiedade intelectual. Ferramentas de procesamento de textos, follas de cálculo e elaboración de presentacións.
- Decidir sobre as ferramentas dixitais máis axeitadas en función do propósito ou da necesidade. Empregar medios dixitais para a resolución de problemas.
- Protexer a información e os datos persoais. Identificar xeitos de protexer dispositivos e contidos dixitais, diferenciando ameazas e riscos en contornas dixitais.
Máis información
Teléfonos: 881 867 501 – 881 867 502
Orde EFP/440/2023 creación rede de Centros de Capacitación Dixital
Faite dixit@l!