Visita ao viveiro de empresas e á empresa Moonoff

No marco do programa "Aula de Emprendemento 2023", financiado pola UE e o Ministerio de Educación, o pasado venres 24 de novembro realizamos unha visita ao viveiro de empresas do CIFP Politécnico de Santiago e a empresa Moonoff, referente en proxectos de iluminación pública e teléfonos móbiles. Participou na visita...

Galiciaskills 2023

Galiciaskills 2023
Os días 25, 26 e 27 de outubro celebrouse en Silleda o 7º Campionato Galego de Formación Profesional – Galiciaskills 2023, campionato no que o IES San Clemente participou en dúas modalidades de competición:   Modalidade Participante Titoría Administración de sistemas en rede Érika Cacabelos Fernández Bruno Vila Vilariño Desenvolvemento Web Ezequiel Soto Seoane Cristina París Brandariz Ezequiel Soto obtivo...

Inicio dos cursos de especialización curso 23-24

Recordade: Os cursos de especialización  comezan o día 2 novembro. Os cursos de especialización na modalidade semipresencial e a distancia desenvólvense desde a plataforma de Fp a distancia da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades. Desexámosvos un bo curso 2023-2024.

Curso 2023-2024 Información sobre o proceso de admisión da FP

No seguinte enlace tedes toda a información sobre o proceso de admisión e posterior matriculación da FP para o curso 23-24. O proceso de admisión na FP é un proceso centralizado dende a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. https://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp  

Actividade de 1ASIR en Viana – 2023

Actividade de 1ASIR en Viana – 2023
O alumnado e profesorado do ciclo PluriFP ASIR,  desprazáronse a Viana do Castelo para coñecer a cidade, visitar a basílica e a Citânia de Santa Luzia e percorrer durante dúas horas o interior do navío Gil Eannes acompañados por un guía que explicou en portugués cales eran as funcións...

Información sobre a Proba Libre FP (LOE) xuño 2023.

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obter directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no...

Visita ao CESGA – 2023

Visita ao CESGA – 2023
O día 30 de marzo de 2023 realizamos unha visita ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) situado na avenida de Vigo, en Santiago de Compostela. Os integrantes da visita foron estudantes do grupo 1ASIR ordinario. A visita comezou ás 9:00 da mañá e desenvolveuse dentro das instalacións do centro,...

Actividade de 1SMR en Braga – 2023

Actividade de 1SMR en Braga – 2023
O alumnado e profesorado do ciclo PluriFP SMR,  desprazáronse ao Agrupamento de Escolas Carlos Amarante de Braga para realizaren a un "ponto de situação" do proxecto eTwinning SOLE - Perguntar não ofende, engrandece, cos socios desta escola e do AE Monte da Lua de Sintra. Falaron dos traballos que están...

Día internacional da Internet segura 2023

Día internacional da Internet segura 2023
O Día internacional da Internet Segura é un evento promovido pola rede INSAFE/INHOPE co apoio da Comisión Europea, que se celebra cada mes de febreiro co obxectivo de promover un uso seguro e positivo das TIC, especialmente entre a mocidade. O noso IES ten un compromiso especial con esta celebración,...