VIII Concurso de felicitacións de Aninovo
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o VII Concurso de felicitacións de Aninovo .
Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESA, bacharelato e FP).
Tema: "O Aninovo".
...
SC. Atréveste a vivir a experiencia?
Selos de Calidade eTwinning 2017
O profesorado e alumnado participante nos proxectos Um tripé para o meu e-book e Green Spots in Town, co seu magnífico traballo, conseguiron que os avaliadores do Servizo Nacional de Apoio (INTEF, Ministerio de Educación) nos concedesen o selo de calidade.
Parabéns!!
Os socios de ambos proxectos tamén recibiron o selo...
Teatro en galego
Temos o gusto de convidarvos a asistir ás dúas últimas representacións de Get Back, obra de teatro en galego na que actúa un dos integrantes do noso EDLG, Miguel Guido.
21 Outubro, Auditorio de Vilagarcía de Arousa (21:00)
28 Outubro, Casa da Cultura de Vimianzo (21:30)
Move2Learn, Learn2Move
O noso proxecto eTwinning Green Spots in Town é un dos seleccionados na iniciativa da UE Move2Learn, Learn2Move, que ten como obxectivos que a xuventude aprenda a viaxar de forma sustentable por Europa e reforzar o espírito de cidadanía europea.
Como premio, os membros do proxecto recibirán billetes para viaxar á...
EDLG – Informe final 2016/2017
Publicamos a memoria e todas as actas do EDLG do presente ano escolar.
Entre outras cousas, podedes ver a avaliación das actividades realizadas, incluídas o proxecto Lanzadeiras Coruña e a exposición As laranxas máis laranxas.
Máis información
Exposición “Dúas illas” en Creta
A nosa exposición enREDada do pasado ano escolar chegou a Ierápetra, o concello cretense ao que pertence a illa Crhysí, que estudamos no Plan Proxecta San Clemente Paisaxe e Sustentabilidade e no proxecto eTwinning Two Islands Inspire. Este proxecto foi galardoado co Selo de Calidade Europeo eTwinning.
Blogue...
Rumbo número 2
Lanzamos o segundo número desta publicación do EDLG, que reúne os traballos presentados aos distintos concursos e certames durante o ano 2016-2017.
Descargádea e desfrutádea!
Website de Rumbo
Lanzadeiras Coruña – Mostra de miniempresas
O IES San Clemente estivo presente na Mostra de miniempresas do programa Lanzadeiras Coruña, de Eduemprende, grazas aos alumnos de ASIR Pablo Pérez, Mario Michelotti e Félix Pardal, que presentaron o traballo feito no proxecto eTwinning Green Spots in Town desde a súa empresa ToxoSoftware.
A mostra e o acto...
Exposición “As laranxas máis laranxas”
Durante o mes de xuño de 2017 a exposición física "As laranxas máis laranxas", do proxecto Exposicións enREDadas, ten como sede o IES San Clemente.
Os autores (docentes de todo o mundo e alumnado do CEIP de Sestelo-Baión) crearon portadas para as obras de Carlos Casares, o autor homenaxeado no...