No 13 de marzo de 2017 o alumnado de 1ASIR asistiu a unha nova actividade formativa organizada pola Consellaría de Educación, no marco do programa Lanzadeiras Coruña, de Eduemprende (varios alumnos de 1º e 2º de ASIR están a traballar nun proxecto eTwinning que fai parte deste programa).
...
A cor da area
O departamento de Ciencias, coa colaboración do EDLG, organiza a exposición A cor da area, cunha mostra moi interesante e variada de area de diferentes praias galegas, un mapa de localización, instrumentos de observación e a presentación que compartimos convosco.
Presentación A Cor da Area
Philip Duncan Webb
Compartimos convosco este artigo d'O Cartafol, publicación da USC, que fala dun alumno inglés que fixo o traballo de fin de mestrado (e actualmente a tese de doutoramento) en galego.
Parecíame o máis natural facer o traballo de fin de máster en galego
Actitudes e habilidades para o éxito
No 20 de febreiro de 2017 o alumnado de 1ASIR asistiu a unha actividade formativa organizada pola Consellaría de Educación, no marco do programa Lanzadeiras Coruña, de Eduemprende (varios alumnos de 1º e 2º de ASIR están a traballar nun proxecto eTwinning que fai parte deste programa).
A actividade "Actitudes...
O galego é un mundo, no IES San Clemente
Actividade "O galego é un mundo" desenvolvida o 10 de xaneiro de 2017 no IES San Clemente, de Santiago de Compostela, coa participación de Anik Nandi.
Máis información:
Anuncio: O galego é un mundo
Consellaría de Educación
La Voz de Galicia
El Correo Gallego
Noticieiro Galego
Diario de Pontevedra
Nós...
II Certame de micro vídeos
B A S E S
1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o II Certame de micro vídeos.
2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado e PAS.
3. Os vídeos deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e debe estar presente...
II Certame de micro relatos
B A S E S
1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o II Certame de micro relatos.
2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado e PAS.
3. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e escritos en galego,...
A miña primeira vez
Compartimos convosco esta serie de vídeos da Rede Galega de VideoBlogues de persoas estranxeiras que estudaron e falan galego de xeito exemplar.
Gañadores do VII Concurso de felicitacións de Aninovo
Finalizado o prazo de presentación de traballos para o VII Concurso de felicitacións de Aninovo, este é o fallo do xurado:
1º premio: Pablo Iglesias de 1º SMR – O Aninovo.
2º premio: Leticia Tuñas de 1º SMR – Bo Nadal, pequenos alieníxenas.
Información sobre o proxecto eTwinning relacionado.
Proxectos eTwinning Galiza-Portugal
Tras catro anos de traballo, lanzamos a versión en galego do libro "Proxectos eTwinning Galiza-Portugal", con 18 ideas para proxectos a desenvolver entre centros educativos galegos e portugueses, elaboradas por 24 docentes de ambas as beiras do Miño.
A publicación foi financiada polo EDLG do IES San Clemente de Santiago...