Vídeos @emgalego

Vídeos @emgalego
Através Produtora está a publicar vídeos con consellos lingüísticos moi interesantes, válidos para o galego en calquera norma (ILGA, AGAL, etc). Velaquí un vídeo de exemplo: Lista de vídeos  

Día de Rosalía

Día de Rosalía
AGAL publica dezaoito poemas en vídeo de Rosalía de Castro lidos por persoas de diferentes países lusófonos, para conmemorar o día de Rosalía de Castro (24 de febreiro). Máis información Lista de reprodución de YouTube      

Pioneiros da fotografía galega

Pioneiros da fotografía galega
  Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos institutos San Clemente e número 1 de Ordes, realizaron un traballo de investigación conxunto, no que recompilaron información e imaxes de oito autores galegos considerados pioneiros da fotografía na nosa terra. Descargar en formato PDF Descargar en formato ODP

Cartas de amor

Cartas de amor
A biblioteca pública Ánxel Casal convoca un ano máis o concurso de cartas de amor en galego. Data límite: 13 de febreiro. Convocatoria  

Entrevista no concello da Illa de Arousa

Entrevista no concello da Illa de Arousa
O día 15 de xaneiro tivemos unha entrevista coa concelleira de Medio Ambiente da Illa de Arousa, Gaby Hundelshausen, na que falamos do proxecto "dúas illas". Mostrouse moi interesada no desenvolvemento do proxecto colaborativo, no que participan o CEIP de Sestelo-Baión, o instituto de FP de Ierápetra (Grecia) e o...

I Certame de micro vídeos

I Certame de micro vídeos
B A S E S 1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o I Certame de micro vídeos. 2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado e PAS. 3. Os vídeos deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e debe estar presente...

I Certame de micro relatos

I Certame de micro relatos
B A S E S 1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o I Certame de micro relatos. 2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado e PAS. 3. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e escritos en galego...

Lourenço, xograr

Lourenço, xograr
O escritor Manuel Portas Fernández, estivo no IES San Clemente da man do clube de lectura, falando do seu libro "Lourenço, xograr", co que gañou o premio de novela Manuel García Barros. . . A novela histórica fala do galego medieval e da vida naquela época.  

Publicacións de Manuel María

Publicacións de Manuel María
Compartimos convosco un catálogo da Fundación Manuel María, con publicacións para todas as idades do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016. Na páxina da fundación tamén podemos atopar outros recursos audiovisuais moi interesantes, unidades didácticas, etc. Catálogo Recursos

Reunión cos técnicos da Consellaría de Medio Ambiente

Reunión cos técnicos da Consellaría de Medio Ambiente
. No día 12/01/16 tivemos unha reunión cos técnicos da Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio responsables do programa Paisaxe e Sustentabilidade. Dixéronnos que están moi interesados na temática do noso proxecto "dúas illas" (impulsado polo EDLG) e faláronnos de recursos que temos ao noso dispor, como por exemplo...