EDLG – Informe final 2014/2015

Publicamos todas as actas do EDLG do presente ano escolar. Na última acta podedes ver a avaliación das actividades realizadas, incluídas o Plan Proxecta San Clemente Salvavidas e a exposición doARTE. Actas do EDLG do ano escolar 2014-2015      

A viaxe da exposición doARTE

A viaxe da exposición doARTE
A nosa exposición doARTE pasará o próximo verán viaxando de aeroporto en aeroporto, da man de AENA e a OCT: Xullo: Alvedro. Agosto: Peinador. Setembro: Lavacolla. Máis información Nova da axencia EFE publicada en ABC Nota de prensa en La Voz de Galicia Nova en...

Resolución do XXVIII Concurso Literario do IES San Clemente

  O xurado do XXVIII Concurso Literario do IES San Clemente acordou conceder os seguintes premios. Modalidade relato: 1º premio (100 €): Unha nova vida? de Patricia Méndez Alonso (2º BACH) 2º premio (75 €): Cada mañá coinciden de Kevin Alonso Márquez (2º BACH) Accésit (50 €): En carne viva de Rita Barreiro Ferreira...

Resolución do V Concurso Europeo de Marcapáxinas

O xurado do V Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder os seguintes premios: 1º premio (100 €): Ainoa García-Puertas Pérez – IES Praia Barraña, Boiro, Galiza, España 2º premio (75 €): Lisa Topi – Liceo Classico S. C. Calasanzio, Italia 3º premio (50 €): Héctor Oanes Ferrín – IES San Clemente, Santiago...

Inauguración da exposición “doARTE”

Inauguración da exposición “doARTE”
O día 13 de maio de 2015 ás 12:00, inauguramos a exposición "doARTE", con obras de catorce docentes-artistas de diferentes lugares e vintecatro alumnos e alumnas do CEIP de Sestelo-Baión. Trátase dunha das vintecinco exposicións enREDadas que se realizan simultaneamente en varias cidades do mundo. No noso caso, tratamos o...

Curtametraxe: O paso previo

Curtametraxe: O paso previo
Curtametraxe realizada por alumnado e profesorado de 2ºSMR, co apoio do EDLG, no marco do Plan Proxecta San Clemente Salvavidas. Finalista no IV concurso de curtametraxes do SERGAS.    

XXVIII Concurso Literario

B A S E S 1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o XXVIII Concurso Literario. 2. Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos). 3. Establécense dúas modalidades: relato e poesía. Cada participante poderá entregar...

Accións a prol da doazón de órganos

Accións a prol da doazón de órganos
Neste artigo facemos eco das distintas accións para a concienciación dos cidadáns e cidadás no tema da doazón de órganos. En primeiro lugar, presentamos a Pontevedrada, unha marcha nocturna polo Camiño Portugués, que parte de Pontevedra no 25 de abril de 2015 (último sábado de abril de cada ano) e...

O galego é unha oportunidade

O galego é unha oportunidade
José Ramom Pichel e Valentim Fagim, autores do libro "O galego é uma oportunidade", trouxeron ao IES San Clemente un relatorio moi interesante sobre o uso internacional do galego. Falaron da vantaxe que temos os e as naturais de Galiza por sabermos dúas linguas maioritarias a nivel mundial, que nos...

V Concurso Europeo de Marcapáxinas

B A S E S 1. Poderá participar o alumnado de todos os centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2015 – Rosalía de Castro, ademais do alumnado do IES San Clemente. 2. Tema: o marcador debe recoller algunha imaxe relacionada coa autora ou a súa obra e tamén...