12º Concurso de felicitacións de ano novo
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o 12º Concurso de felicitacións de Aninovo.
Poderá participar todo o alumnado do centro (ESA, bacharelato e FP).
Tema: "O Aninovo".
As postais realizaranse en...
A viñeta de Schrödinger e a Nai dos desterrados
Dende o EDLG e o Obradoiro de igualdade queremos comunicarvos que están á vosa disposición na vitrina da planta 2 os novos exemplares da viñeta Schrödinger e tamén o fanzine Nai dos Desterrados, de Amnistía Internacional.
Clube Tripé
Queres participar nun club de lectura de nova creación?
Tres libros, tres temáticas, tres reunións.
As actividades do Clube Tripé realízanse a distancia para garantir a igualdade de oportunidades na participación de todo o alumnado do IES San Clemente.
As tres actividades principais son:
Primeiro trimestre: lectura dun libro en lingua estranxeira.
...
Selos de calidade eTwinning 2021
O profesorado e alumnado participante nos proxectos Letras Galegas 2021 – Xela Arias e Um tripé para o meu e-book 2, co seu magnífico traballo, conseguiron que as avaliadoras do Servizo Nacional de Apoio (INTEF, Ministerio de Educación) nos concedesen o selo de calidade.
Parabéns!!
Destacamos o primeiro selo de calidade...
EDLG – Informe final 2020/2021
Publicamos a memoria do EDLG do presente ano escolar.
Entre outras cousas, podedes ver a avaliación das actividades realizadas, incluídas o proxecto eTwinning Letras Galegas, o novo concurso de Proxectos Innovadores e o Roteiro Rosalía de Castro.
Máis información
Rumbo número 6
Lanzamos o sexto número desta publicación do EDLG, que reúne os traballos presentados aos distintos concursos e certames durante o ano 2020-2021.
Descargádea e desfrutádea!
Website de Rumbo
34º Concurso Literario – Fallo do xurado
O xurado do 34º Concurso Literario do IES San Clemente acordou conceder os seguintes premios.
Modalidade relato:
1º premio (125 €): O outono - Helena Beceiro Cagia
2º premio (100 €): Covid-19 - Paula Diz Parrondo
Accésit (30 €): Gustavo - Rosa Castiñeiras Fariña
Modalidade poesía:
1º premio (125 €): Que...
11º Concurso Europeo de Marcapáxinas – Fallo do xurado
Unha vez rematado o prazo para a recepción de marcapáxinas de Xela Arias, e recibidos 192 traballos de diversos centros de Galicia, La Rioja e Portugal, o xurado do 11º Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder os seguintes premios, con varios accésits:
1º premio (100 €): Sergio Gómez Lajos 1SMR...
1º Concurso de Proxectos Innovadores – Fallo do xurado
Finalizado o prazo de presentación de traballos para o 1º Concurso de Proxectos Innovadores, este é o fallo do xurado:
Modalidade EDLG
1º premio (200€): Sergio Gómez Lajos de 1SMR - “Séculos Escuros”
2º premio (100€): Carlos Mariano Martinez Bourio de 1DAW-DUAL - SO para persoas maiores
3º premio (50€):...
6º Certame de micro vídeos – Fallo do xurado
O xurado do 6º Certame de micro vídeos seleccionou os once traballos presentados.
Damos as grazas a todos os participantes e ao profesorado implicado.
https://youtube.com/playlist?list=PLpClqCkXT1_NUeJkHwHWlXkNQmH2ec8Ku