• ?
  • Rexistro

Emprégate. Impulsa o teu talento emprendedor.

O luns 21 de novembro visitounos Eduardo Abad Sabarís, presidente de UPTA España (Unión de Profesionales y Trabajadores Autónomos). O alumnado do ciclo de Desenvolvemento de aplicacións web (DAW) do réxime ordinario e dual participaron na actividade "Emprégate. Impulsa o teu talento emprendedor", organizada polo departamento de Formación e...

Exposición de Recursos Naturais de Galicia.

Desde o 21 de novembro ata o 10 de decembro temos a Exposición de Recursos Naturais de Galicia, no primeiro e segundo andar do IES San Clemente. Podedes visitala e aproveitar tamén para ver a Exposición permanente de minerais, rochas e fósiles que temos no instituto.

Pílula Novembro 2022

Pílula Novembro 2022
Pílula de Seguranza de Amtega en relación a phishing e ransomware.  

1ª Visita guiada A Muller na historia de Compostela

1ª Visita guiada A Muller na historia de Compostela
O pasado mércores 9 de novembro o Obradoiro da Igualdade do IES San Clemente organizou unha visita guiada sobre a muller na historia de Compostela. Da man da guía María Otero percorremos as rúas de Santiago a través das pegadas lendarias ou históricas que deixaron, por exemplo, a Raíña Lupa,...

II Encontro Galego de Ciberseguridade Cibergal

Este xoves día 10, o II Encontro Galego de Ciberseguridade Cibergal contará coa participación de: O profesor do centro Manuel González Regal, que impartirá un taller técnico "Wireshark/tshark para análisis forense en red y Threat Hunting" de 2 horas de duración, así como unha charla dentro dos Espacios Técnicos...

Exames 1ª Avaliación Bacharelato de Adultos a Distancia

Os exames da 1ª Avaliación do Bacharelato a Distancia do IES San Clemente celebraranse de xeito presencial os días 15 e 17 de novembro (2º Bacharelato) e os días 28 e 30 de novembro (1º Bacharelato). Terán lugar no IES San Clemente e nos centros EPA de A...

Exames ESA 1ª Avaliación 11 de novembro

Os exames da Primeira Avaliación do 1º cuadrimestre da ESA terán lugar o venres 11 de novembro de forma presencial no IES San Clemente de Santiago e nas seguintes localidades: A Coruña (EPA Eduardo Pondal), Arzúa (Recinto feiral "Terra do Queixo"), Boiro (Casa da cultura, A Cachada), Camariñas (Casa...