Recibimos no noso centro o alumnado do colexio INETE de Lisboa que vai realizar a súa FCT en empresas compostelás, xunto co profesor Guilherme Antunes.
Coñeceron varios dos nosos alumnos de 1ASIR e aproveitamos para gravar unha pequena entrevista que será publicada no Podcast do proxecto eTwinning LusoMicroFonia.
[caption id="attachment_17180" align="aligncenter"...
7º Certame de microvídeos-veredicto do xurado
Finalizado o prazo de presentación de traballos para o 7º Certame de microvídeos, este é o veredicto do xurado:
1º premio: A pandemia e a corentena, de Andrea González (1º SMR)
2º premio: Toma un respiro, de Raúl Filgueira Lojo (1º SMR)
3º premio: A turbobici 3000, de Iván Castro, Paula Cores...
INSTRUCIÓNS REMATRÍCULA SEGUNDO CUADRIMESTRE ESA
O alumnado presentado á convocatoria extraordinaria do 4 de marzo poderá realizar a rematrícula para o segundo cuadrimestre do 14 ao 16 de marzo.
Pode descargar o impreso pinchando aquí
Unha vez cuberto, envíase escaneado ao correo electrónico do centro: ies.sanclemente@edu.xunta.gal
ou ben por correo certificado ao seguinte enderezo:
IES San Clemente
(Matrícula Bacharelato)
r/...
Proba para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20
O prazo de presentación das solicitudes estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de 2022. O exame celebrarase o vindeiro 29 de abril no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
As solicitudes deberán presentarse en soporte papel ou utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica...
Probas para a obtención do título de graduado en ESO maiores de 18
Publicada a Resolución do 4 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.
Os prazos de matrícula serán:
...
8M Día internacional da muller 2022
A ONU declarou o 8 de marzo como o «Día Internacional da Muller» co obxectivo de reivindicar os dereitos das mulleres e a igualdade de oportunidades entre estas e os homes.
Invitamóste a facer un percorrido interactivo que nos ofrece a ONU por a historia e o significado deste día...
Peche do centro
Por mor da realización de traballos de mantemento, o centro permanecerá pechado o luns 28 de febreiro e martes 1 de marzo.
O 2 de marzo abrirá de 9h a 13h.
Desculpen as molestias.
Exames Extraordinarios da ESA (1º Cuadrimestre) o 4 de marzo
Os exames correspondentes á proba extraordinaria do 1º Cuadrimestre da ESA terán lugar o día 4 de marzo de forma presencial no IES San Clemente de Santiago de Compostela e nos obradoiros de Arzúa, Boiro, Santa Comba, Sarreaus e Verín, así como na EPA Berbés en Vigo.
Horario dos exames:
...
Día internacional da Internet segura 2022
O Día internacional da Internet Segura é un evento promovido pola rede INSAFE/INHOPE co apoio da Comisión Europea, que se celebra cada mes de febreiro co obxectivo de promover un uso seguro e positivo das TIC, especialmente entre a mocidade.
O noso IES ten un compromiso especial con esta celebración,...
Matrícula Segundo Cuadrimestre Educación Secundaria de Adultos a Distancia
INSTRUCIÓNS MATRÍCULA SEGUNDO CUADRIMESTRE
A inscrición para acceder a calquera dos módulos das ensinanzas de educación secundaria a distancia para persoas adultas na modalidade telemática comezou a semana pasada e remata o 9 de febreiro (o prazo último remata o 12 de maio de 2022).
O alumnado que se presente á...