Visita ao viveiro de empresas e á empresa Moonoff

No marco do programa "Aula de Emprendemento 2023", financiado pola UE e o Ministerio de Educación, o pasado venres 24 de novembro realizamos unha visita ao viveiro de empresas do CIFP Politécnico de Santiago e a empresa Moonoff, referente en proxectos de iluminación pública e teléfonos móbiles. Participou na visita...

CONTRA A BARBARIE EN GAZA, LECTURAS SOBRE PALESTINA

CONTRA A BARBARIE EN GAZA, LECTURAS SOBRE PALESTINA
Queridos alumnos e alumnas, compañeiros e compañeiras, Gaza leva máis dun mes sendo atacada indiscriminadamente e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente entende que non debe permanecer alleo á barbarie, aínda que para isto só poida recomendar uns cantos libros que informen en condicións sobre...

Convocatoria de cursos gratuítos en aberto novembro 2023 na Aula Mentor

Convocatoria de cursos gratuítos en aberto novembro 2023 na Aula Mentor
Ábrese unha nova convocatoria de cursos en aberto gratuítos na Aula Mentor correspondeente ao mes de novembro de 2023. Prazo de matrícula: do 17 ao 30 de novembro. Formato dos cursos: online. Custo: gratuíto. As prazas son limitadas, por rigorosa orde de inscrición, así que mellor darse présa antes de que se completen...

Xornada de primeiros auxilios curso 2023-2024

Organizada polo departamento de Formación e orientación laboral, o xoves 9 de novembro, celebrouse no IES San Clemente unha xornada de Primeiros Auxilios, con charlas impartidas por membros de Protección Civil de Santiago de Compostela. Durante as mesmas o alumnado dos ciclos de ASIR, DAW, DAM e SMR realizou prácticas...

Exames 1ª Avaliación Bacharelato de Adultos

Os exames da 1ª Avaliación do Bacharelato a Distancia do IES San Clemente celebraranse de xeito presencial os días 14 e 16 de novembro (2º Bacharelato) e os días 27 e 29 de novembro (1º Bacharelato). Terán lugar no IES San Clemente e nos centros EPA de A Coruña, Ferrol,...

Exames 1ª Avaliación ESA C1

Os exames da Primeira Avaliación do 1º cuadrimestre da ESA terán lugar o venres 10 de novembro de forma presencial no IES San Clemente de Santiago e nas seguintes localidades: A Coruña (EPA Eduardo Pondal), Arzúa (Recinto Feiral Terra do Queixo), Boiro (Casa da cultura A Cachada), Camariñas (Casa...

Galiciaskills 2023

Galiciaskills 2023
Os días 25, 26 e 27 de outubro celebrouse en Silleda o 7º Campionato Galego de Formación Profesional – Galiciaskills 2023, campionato no que o IES San Clemente participou en dúas modalidades de competición:   Modalidade Participante Titoría Administración de sistemas en rede Érika Cacabelos Fernández Bruno Vila Vilariño Desenvolvemento Web Ezequiel Soto Seoane Cristina París Brandariz Ezequiel Soto obtivo...

14º CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE ANINOVO

14º CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE ANINOVO
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca, como vén sendo habitual por estas datas, o 14º CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE ANINOVO.  E como esperamos con gana a vosa participación, compartimos a continuación as súas BASES: Poderá participar todo o alumnado do...

Job Shadowing 2023/2024

Job Shadowing 2023/2024
O IES San Clemente oferta bolsas Erasmus+ para realizar un Job Shadowing nun centro educativo ou nunha empresa, fóra do estado español, nun país da Unión Europea. Duración: 5 ou 7 días, viaxe incluída. Finalidade: desenvolvemento profesional do persoal docente así como o desenvolvemento das institucións implicadas. Debe enmarcarse nun enfoque...