3º Concurso de Proxectos innovadores

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)  do IES San Clemente convoca o 3º Concurso de Proxectos Innovadores. Poderá participar o alumnado do centro matriculado en FP da familia de Informática en calquera das modalidades dispoñibles. Cada participante poderá presentar un proxecto innovador relacionado coa lingua galega. Estes deberán ser...

Día internacional da Internet segura 2023

Día internacional da Internet segura 2023
O Día internacional da Internet Segura é un evento promovido pola rede INSAFE/INHOPE co apoio da Comisión Europea, que se celebra cada mes de febreiro co obxectivo de promover un uso seguro e positivo das TIC, especialmente entre a mocidade. O noso IES ten un compromiso especial con esta celebración,...

Peche do centro

Por mor da realización de traballos de mantemento, o centro permanecerá pechado o luns 20 e martes 21 de febreiro O 22 de febreiro o centro abrirá de 9h a 13h. Desculpen as molestias.

Visita do CDCFE de Dublín

Visita do CDCFE de Dublín
O Coláiste Dhúlaigh College of Further Education (CDCFE) de Dublín e o IES San Clemente levan anos colaborando no marco dos proxectos europeos, concretamente Erasmus+. Nesta ocasión dous alumnos irlandeses, Ciaran e Amy, realizarán prácticas curriculares na empresa MoonOff, en Santiago de Compostela. Onte tivemos a oportunidade de recibilos no instituto,...

Matrícula Segundo Cuadrimestre Educación Secundaria de Adultos a Distancia

INSTRUCIÓNS MATRÍCULA SEGUNDO CUADRIMESTRE A inscrición para acceder a calquera dos módulos das ensinanzas de educación secundaria a distancia para persoas adultas na modalidade telemática comeza o día 7 e remata o 9 de febreiro (o prazo último remata o 28 de abril de 2023). O alumnado que se presente á convocatoria...

11F Día internacional da Muller e da Nena na ciencia 2023

11F Día internacional da Muller e da Nena na ciencia 2023
As mulleres que nos levaron á lúa. No IES San Clemente, con motivo da declaración, por parte da ONU, do 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia acolleremos a exposición As mulleres que nos levaron á lúa. Esta exposición pretende impulsar as vocacións científicas...

8º Certame de relato breve

1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o 8º Certame de relato breve. 2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e PAS). 3. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e escritos en galego. 4. A extensión máxima do relato é de 300...

8º Certame de microvídeos

BASES 1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o 8º Certame de microvídeos. 2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e PAS) de forma individual ou en grupo. 3. Os vídeos deberán ser orixinais, inéditos e de temática libre. 4. O audio, narración, textos e outros contidos empregados deben estar integramente en...