Boas tardes a todas e todos!!
De cara o próximo 25N propoñémosvos unha actividade... crear un hashtag contra a violencia de xénero.
Como podes participar??
É sinxelo, so tes que enviar un email ate o día 25/11/2019 como máximo, á conta de correo igualdade@iessanclemente.net con Asunto: 25N e indicar o teu hashtag no contido do mesmo.
Veña,...
Deixámosvos o calendario de novembro no que se fai referencia a distintos eventos relativos á vida de mulleres aventureiras que merecen ser lembradas pola valentía que tiveron nunha época na que a súa condición de muller facía máis complicado destacar nas súas disciplinas.
Descargar calendario novembro_2019
“Más mujeres informáticas”, campaña do CPETIG e AMTEGA para o fomento das vocacións femininas.
O CPETIG desenvolve durante este mes de outubro unha campaña de sensibilización para o fomento da matrícula feminina nos estudos de Enxeñaría en Informática, tendo en conta que a presenza de estudantes nesta carreira caeu na...
O Obradoiro da Igualdade foi creado no ano 2010 pola profesora Guillermina Domínguez Touriño, quen estivo á súa fronte durante nove anos. Neste tempo publicou máis de 180 artigos, accesibles no apartado Blogue. Desde aquí manifestamos o noso agradecemento e admiración.
En 2019, as profesoras Raquel Tarrío Vázquez, Cristina Puga...