Hashmit Parker, do Colaiste Dhulaigh College of Further Education de Dublín, estivo hoxe co grupo de 2ASIR falando sobre tres cidades fermosas, segundo as súas palabras: Cape Town, Dublín e Santiago de Compostela.
Tamén explicou cales son as súas tarefas como administrador do sistema informático do seu centro,...
Exames de Portugués – decembro 2017
No pasado mes de decembro, o alumnado dos grupos integrados nas seccións bilingües de Portugués realizou unha proba modelo co obxectivo de comprobar cal é o seu nivel real de coñecemento da lingua e como preparación para o exame do B1 do CAPLE, da Universidade de Lisboa, que boa...
Probas de Nivel de Inglés decembro 2017
Por terceiro ano consecutivo o Departamento de Inglés, en colaboración cos membros do Equipo de Seccións Bilingües, organizamos as Probas de Acreditación de Nivel de Inglés para o alumnado de Ciclos. As probas tiveron lugar o martes 19 de decembro durante toda a mañá.
Coa participación do alumnado nas mesmas...
Selos de Calidade Europeos 2017
¡Felicidades! Su centro ha sido galardonado con el Sello de Calidad Europeo por el excelente trabajo realizado en los proyectos “AtlânticoVET”, “Green spots in town” y “Um tripé para o meu e-book” de eTwinning. Esto significa que su trabajo, el trabajo de sus estudiantes y el de su centro...
Selos de Calidade eTwinning 2017
O profesorado e alumnado participante nos proxectos Um tripé para o meu e-book e Green Spots in Town, co seu magnífico traballo, conseguiron que os avaliadores do Servizo Nacional de Apoio (INTEF, Ministerio de Educación) nos concedesen o selo de calidade.
Parabéns!!
Os socios de ambos proxectos tamén recibiron o selo...
Seccións bilingües en inglés – Informe final 2016/2017
Durante o curso escolar 2016/17, impartíronse no noso centro as seguintes seccións bilingües en inglés:
“Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información” (Ciclo Superior de DAM en réxime Ordinario)
“Seguridade e Alta Dispoñibilidade” (Ciclo Superior de ASIR en réxime Ordinario)
“Programación Multimedia e Dispositivos Móbiles” (Ciclo Superior...
Seccións bilingües en portugués – Informe final 2016/2017
Durante o presente ano escolar, os módulos SOR do ciclo SMR e FH do ciclo ASIR foron impartidos utilizando a lingua portuguesa como lingua vehicular, empregándose nas explicacións do profesor, nas interfaces das aplicacións, nos manuais que redactaron os alumnos, nos vídeos que gravaron, etc.
Estes foron os puntos indicados...
Actividade do alumnado de FH en Viana
O alumnado e profesorado do módulo bilingüe en portugués Fundamentos de Hardware, de 1ºASIR, desprazáronse á escola ETAP de Viana do Castelo para realizar unha serie de actividades colaborativas como colofón do proxecto eTwinning "Um parafuso a menos".
A principal actividade foi unha xincana por toda a vila. Tamén asistiron...
Exames B1 de Portugués – marzo 2017
Na semana de exames de marzo de 2017, realizamos a segunda proba modelo de nivel B1 do CAPLE, da Universidade de Lisboa, ao alumnado de módulos bilingües en portugués (SOR de SMR e FH de ASIR), con resultados semellantes aos de decembro.
Un total de 28 van realizar os exames...
Probas de nivel de inglés – decembro 2016
O día 19 de decembro os alumnos dos ciclos de grao superior tiveron a ocasión de realizar probas de nivel de inglés.
O obxectivo destas probas é informar ó alumnado acerca dos seus coñecementos deste idioma e fomentar a preparación de certificacións oficiais, como son a Escola Oficial de Idiomas...