Difusión: Qualidade Erasmus+ na FP

Difusión: Qualidade Erasmus+ na FP
A Associação de Docentes em Português da Galiza publicou este artigo onde falan do éxito dos nosos proxectos Erasmus+ vinculados ao ciclo Estrela PluriFP SMR en Português. https://www.dpgaliza.org/qualidade-erasmus-na-fp/

Clube Tripé #1

Clube Tripé #1
Na primeira reunión do club de lectura falamos sobre libros que lemos (ou estamos a ler) durante o primeiro trimestre do ano 2021/2022, en portugués, inglés, francés e catalán.    

Novo recoñecemento ao IES San Clemente

O vindeiro luns 13 de decembro de 2021 o IES San Clemente recibirá no Teatro Real de Madrid o recoñecemento á calidade dos proxectos Erasmus+ 2021 na Formación Profesional. Este galardón do Ministerio de Universidades, a través do Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), vén a recoñecer...

Edulingüe en Formación Profesional – 2021

Edulingüe en Formación Profesional – 2021
Inauguramos o ano lectivo 2021/2022 dos ciclos plurilingües SMR e ASIR, desenvolvendo a actividade "Edulingüe en Formación Profesional" dirixida ás familias do alumnado. Foi presentada polo coordinador PluriFP Marcos Vence e a xefa de estudos Cristina Seoane, e contou coa participación de Marcos Arias, Cristina Puga, nais, pais e alumnado...

Clube Tripé

Clube Tripé
Queres participar nun club de lectura de nova creación? Tres libros, tres temáticas, tres reunións. As actividades do Clube Tripé realízanse a distancia para garantir a igualdade de oportunidades na participación de todo o alumnado do IES San Clemente. As tres actividades principais son: Primeiro trimestre: lectura dun libro en lingua estranxeira. ...

Biblioteca PluriFP – 2021/2022

Biblioteca PluriFP – 2021/2022
Tedes ao voso dispor o catálogo de libros en portugués, inglés e francés de PluriFP. Podedes consultalo nese link se tedes unha conta @iessanclemente.net, en caso contrario podedes ver os libros dispoñibles nos estantes do corredor, ao lado da aula 23. Se queredes levar algún libro, pedídelle a un/unha profe...

LMF: Podcast lusófono

LMF: Podcast lusófono
Durante o ano lectivo 2021/2022 vamos traballar no proxecto eTwinning LusoMicroFonia, creando un podcast en portugués entre o alumnado dos ciclos plurilingües do IES San Clemente (1SMR, 2SMR e 1ASIR), o AE Carlos Amarante de Braga e o Centro Paula Souza de São Paulo. A proposta está aberta á participación...

Selos de calidade eTwinning 2021

Selos de calidade eTwinning 2021
O profesorado e alumnado participante nos proxectos Letras Galegas 2021 – Xela Arias e Um tripé para o meu e-book 2, co seu magnífico traballo, conseguiron que as avaliadoras do Servizo Nacional de Apoio (INTEF, Ministerio de Educación) nos concedesen o selo de calidade. Parabéns!! Destacamos o primeiro selo de calidade...