Revisión de exames do 2º cuadrimestre da ESA

As notas da avaliación final do 2º cuadrimestre da ESA publicaranse o xoves 23 a partires das 14,00h. A revisión poderá facerse no IES San Clemente no seguinte horario: Luns 27, de 10,00h a 12,30h Martes 28, de 10,00h a 12,30h

INFORMACIÓN SOBRE EMPREGO E EDUCACIÓN. BOLSAS E AXUDAS

A Guía Ti Elixes! 2016 consta de dous documentos: un directorio de fontes de información sobre emprego e educación cos recursos máis salientables nestes dous ámbitos, e unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas. https://drive.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbTzVsaVBCdEt0b3M/view

Speak en Portugal

Speak en Portugal
Speak é un programa lingüístico e cultural que permite aproximar persoas de diferentes nacionalidades para aprender unha lingua nova, compartir a cultura doutros países, quebrar barreiras e superar prexuízos. Os participantes poden impartir clases da súa lingua materna e desta forma acceden a unha praza gratuíta de alumno para aprender...

Segunda convocatoria FCT no estranxeiro: Primavera de 2016

Segunda convocatoria FCT no estranxeiro: Primavera de 2016
Ábrese un prazo extraordinario para que o alumnado de ciclos superiores poida solicitar unha bolsa Erasmus+ para realizar a FCT no estranxeiro. Actualmente dispomos de tres bolsas sen asignar. Pódense consultar os importes, destinos habituais e outra información na FAQ. Selección: as bolsas concédense por orde de solicitude, excepto o caso...

Selo de Calidade Europeo para o proxecto ZonaVET 0+1

Selo de Calidade Europeo para o proxecto ZonaVET 0+1
O proxecto eTwinning ZonaVET 0+1 vén de recibir o Selo de Calidade Europeo eTwinning. Destacamos a tarefa Creación da empresa EuroPescaVET, de alta complexidade e única en FP Informática a nivel europeo. Parabéns para todos e todas as participantes! Artigo en La Voz de Galicia